Palabras con memoria: lingua rica

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Facer algo mianxas é cortar en anacos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Facer algo mianxas é cortar en anacos. (Foto: Nós Diario)

maixiña.- Contracción de “máis axiña”.
Exemplo.- “Acabei maixiña ca ti.”
Lugar de escoita.- O Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego.

mianxas.- Facer anaquiños algo.
Exemplo.- “Deixa de cortar o papel, que estás facendo mianxas.”
Lugar de escoita.- Abrodos-San Pantaleón das Viñas (Paderne).
Fonte.- Asunción Álvarez.

rau!.- Exclamación utilizada para incitar á rapidez nunha acción.
Exemplo.- “Ponte a chaqueta e rau!”
Lugar de escoita.- Sabucedo, Cotobade, Cambados, Ourense, etc.
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

repasado.- O día seguinte de pasado mañá.
Lugar de escoita.- Redondela, Pazos de Borbén.
Fonte.- Marcos Seixo.

xedio/sedio.- Medio, metade.
Lugar de escoita.- Bergantiños e noutras zonas da Galiza rural.
Fonte.- Alberte Suras.
Outros apuntamentos.- É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros.

Comentarios