Palabras con memoria: lingua territorial

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Denomínase resiu a parcela de terra, horta ou labradío que rodea a casa onde un reside. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Denomínase resiu a parcela de terra, horta ou labradío que rodea a casa onde un reside. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

abesedo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Cara norte do monte, ladeira xabreira.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

chusmeiro.- Lugar onde remanece a auga, chusmiallo.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- ENDL Navia de Suarna.

parrumeira (1).- (Ademais do significado relacionado coa feluxe) Substancia mol en grande cantidade. Sinónimo de lameira.
Exemplo.- “O barro que botaron naquel camiño, coa choiva converteuse nunha parrumeira.”
Lugar de escoita.- Moraña e bisbarra.
Fonte.- Xosé Monteagudo

resiu.- Parcela de terra, horta ou labradío que rodea a casa onde un reside.
Lugar de escoita.- Bisbarra chantadesa.
Fonte.- Xosé Lois García.

sibadeiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Camiño estreito.
Lugar de escoita.- Non determinado.
Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

Comentarios