Palabras con memoria: golpes lingüísticos

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Enveredoume unha pedra e por pouco non me dá. (Foto: Nós Diario)
photo_camera En concellos dos Ancares como Navia de Suarna "enveredar" significa "lanzar unha pedra, ou outro obxecto, a alguén". (Foto: Nós Diario)

dar un remazo.- (Con seseo) Dar un golpe.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

enveredar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Guindar, lanzar unha pedra (ou outro obxecto) a alguén.
Exemplo.- “Enveredoume unha pedra e por pouco non me dá.”
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- ENDL de Navia.

lamparilla.- Labazada.
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

pandullazo.- Pedrada grande.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

vaque/vaquión.- Empurrón.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios