xoves 01/10/20

Palabras con memoria: a casa da lingua

paraia xente arreal verán Europa Press
paraia xente arreal verán Europa Press

argoleira.- Espazo estreito entre unha construción e un muro de terreo.Exemplo.

- "Había unha serpe na argoleira."

Lugar de escoita.- Montouto (Abadín).

Fonte.- María Otilia (avoa de Sofía Rouco Souto).Outros apuntamentos.-

Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

barrola.- Despensa ampla case sen luz onde se almacenan as patacas.

Lugar de escoita.- Boiro

Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro)

Outros apuntamentos.- Indica o informante que un compañeiro o escoitou alí e adoptou esa palabra.

cañeira.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Lugar situado diante da porta principal dunha casa de aldea

.Lugar de escoita.- San Salvador- A Baña (A Coruña).

Fonte.- Belén Torreira.

cobán.- Cuarto, dormitorio.

Lugar de escoita.- Cuntis.

Fonte.- Marcos Seixo.

escaino.- Utilízase para referirse ao "muíño".

Lugar de escoita.- Bergantiños.

Fonte.- Alberte Suras.

trapela.- (Ademais dos significados xa coñecidos) Porta no chan das casas onde se gardan os zapatos e diversos cachafellos.Lugar de escoita.- Valdeorras.Fonte.- Ánxeles Ferrer.

comentarios