O novo DNI exclúe o galego e estará en español e inglés

Denúnciao A Mesa pola Normalización Lingüística.

DNI

Desde decembro de 2001, vai para 20 anos, o documento de identidade (DNI) estaba, ademais de en castelán, no idioma propio de cada un dos territorios con esta lingua: galego, euskera e catalán.

Dábase así cumprimento a unha decisión nada a partir dunha proposta non de lei impulsada non por ningunha organización nacionaluista, independentista ou “enemiga de la unidad de España” senón polo PP de Catalunya.

Mais agora, case 20 anos despois, dese paso, o novo documento de identidade xa non estará nin en galego (na Galiza), nin en vasco (en Euskal Herria) nin en catalán. Seguirá a estar en castelán e, a partir de agora, tamén en inglés. Mais xa non en ningunha das linguas cooficiais.

Isto é o que A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar nas redes sociais.

Con palabras en inglés, obrigatorio desde o 2 de agosto (levarán ese  fomato os que se tramiten a partir desa data) e que deixará obsoleto o actual DNI en 2031. Esta semana presentouse o novo DNI Europeo, un documento que introducirá novidades na documentación dos cidadáns do Estado para partir do verán e que incorpora novas medidas de seguridade para cumprir co Regulamento UE 2019/1157 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de xuño de 2019, de obrigado cumprimento para todos os Estados da UE desde este verán.

Desta maneira, o Estado español adapta o DNI á lexislación da UE sobre identidade dixital.

Comentarios