“Se ruega guarden silencio”. E así até en 21 idiomas: euskera, francés, árabe, ruso.... Mais non en galego. O idioma propio da Galiza non aparece no cartaz posto nun dos corredores do HULA de Lugo para demandar silencio. O cartaz de advertencia non é oficial mais para A Mesa pola Normalización Lingüística, o Sergas debería de ter coidado de que nas súas instalacións non se vulneren os dereitos lingüísticos e debe protexer o galego.
No HULA, en Lugo, hai un cartel que pide silencio en 21 linguas... e ningunha delas é o galego! O SERGAS pertence á @Xunta, que -máis unha vez- non só abdica da súa responsabilidade de protexer a nosa lingua, senón que é precisamente quen máis vulnera os nosos dereitos pic.twitter.com/TEnNuGbo9l
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) July 31, 2019