Garda Civil multa con 150.000 euros a autoestradas por rotular en galego

Axentes da Garda Civil de Tráfico levantaron até 54 sancións ás vías galegas por feitos como ter sinais coa palabra 'peaxe' e non 'peaje'

Potaxe
photo_camera Potaxe

Axentes da Garda Civil de Tráfico sancionaron até en 54 ocasións(con multas de 3.000 eurospor cada unha) ás autoestradas galegas por ter sinais rotulados en galego, segundo informa La Voz de Galicia.

Estas sancións farían referencia, segundo o xornal coruñés, a que os sinais postos coas que manda parar aos vehículos para pagar as peaxes están en galego e inglés. E iso non podo ser, segundo a Garda Civil e a lei española. Teñen que estar en español.

A Mesa estuda accións xudiciais pola eliminación dos sinais en galego nas autoestradas e rexeita as multas

Ou sexa, que eses sinais, nos que se poñía peaxe e toll son para Tráfico unha violación do regulamento xeral de circulación, pois non está en español.

Consecuencia: Desaparición do galego

Esta avalancha de denuncias da Garda Civil xa tivo efectos inmediatos: as autoestradas comezaron a poñer colantes coa lenda peaje sobre a galega peaxe. Deste xeito, os sinais das autoestradas en Galiza fican en español e inglés. Ao gosto da lei española.

A Mesa estuda accións xudiciais pola eliminación dos sinais en galego nas autoestradas e rexeita as multas impostas

Comentarios