O Bloque exixe que os executivos español e galego dean conta das razóns polas que a Dirección Xeral de Tráfico vén impoñendo sancións ás concesionarias das autoestradas por posuíren a sinaléctica na lingua propia de Galiza.
Para a parlamentar nacionalista, Ana Pontón, o acontecido constitúe "un esperpento" e reflite "unha mostra máis do desprezo" cara ao galego polo que a Xunta de Galiza debe explicar que medidas botará a andar para "impedir" que isto se repita.
Tamén así, desde o BNG exixirán que o Ministerio español de Fomento que explique as motivacións que levan a tráfico a protexer "unha lingua a costa doutra" e se emprenderán as mesmas medidas contra o goberno español por non garantir sinaléctica en lingua galega na maior parte das autoestradas do país cando, din, o galego é a lingua propia de Galiza.