Óscar Puente suprime as peaxes da AP-7 nos tramos valenciano e murciano mais mantén as da AP-9 na Galiza
Circular polos tramos de pago da AP-7 no País Valencià e a Rexión de Murcia é gratuíto até o 15 de outubro. As catro autoestradas radiais de Madrid construídas na primeira década do século XXI están libres de peaxes desde 2018. Audasa seguirá cobrando ás usuarias da AP-9 porque o Goberno do Estado español afirma non poder asumir os custos da súa liberalización.