Unha familia rexeita un traballo en Galiza para que o seu fillo non teña que aprender galego

A familia, residente en Barcelona, non aceptará o emprego en Vigo despois de que Galicia Bilingüe lles informase de que nos colexios da cidade "prohíbese o ensino en español das asignaturas con máis texto, terminoloxía e necesidade de memorización e expresión escrita"

Galicia Bilingue

Unha familia residente en Barcelona rexeita un posto de traballo en Galiza para que o seu fillo, de 8 anos, non teña que aprender galego. Repetimos: Unha familia residente en Barcelona rexeita un posto de traballo en Galiza para que o seu fillo, de 8 anos, non teña que aprender galego. A noticia foi dada por Galicia Bilingüe, que sinala que esa familia se puxo en contacto coa plataforma para denunciar “a imposibilidade de estudar español nas autonomías con lingua propia”.

Sempre segundo GB, esta familia (pai extremeño, nai valenciana) optou por non aceptar o traballo en Vigo porque iso suporía “inmersión” lingüística en galego para o neno, “castelán falante de 8 anos”. E engade que este neno xa sufriu eses “mergullos” en catalán.

GB afirma que infiormou a estes pais que “ o Decreto vixente en Galicia prohibe o ensino en español das asignaturas con máis texto, terminoloxía e necesidade de memorización e expresión escrita. Se, ademais, matriculaban o seu fillo nun centro público, era probábel que non puuidera recibir en español nin as Matemáticas, que é a única asignatura troncal de Primaria que se pode estudar en español”

A plataforma presidida por Gloria Lago afirma que vai poñer este caso en coñecemento do Ministerio de Educación.

Comentarios