Desde Vilagarcía chega un novo lipdub dun centro de ensino a prol do galego

A comunidade escolar do IES Castro Alobre, da cidade arousá, botou man da coñecida canción 'Moving', de Macaco, para defenderen o idioma galego

O galego semella sentar moi ben aos lipdub, os vídeos musicais colectivos nos que @s participantes sincronizan os seus beizos, acenos e movementos cunha coñecida canción ou ben calquera outra fonte musical. Un novo centro de ensino, neste caso o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, bota man do 'Moving' de macaco para chamar a moverse en defensa do idioma propio do país. Unha mostra máis de como a defensa do galego está a aliarse coas novas tecnoloxías.

Comentarios