sábado 27/11/21
DíA DAS LETRAS GALEGAS

A CTNL propón o lema ‘Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva, útil, atractiva’’

A CTNL propón o lema ‘Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva, útil, atractiva’’

Quesevexaogalego

Unha lingua “viva, útil, moderna, atractiva, visible", un idioma "para [email protected]”. A partir da idea do galego como algo vivo e útil desde a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) propoñen o lema ‘Quer se vexa! O galego’ para unha mellor celebración do 17 de Maio, o Día das Letras Galegas. “A celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma”.

Por iso apostan en que os actos, programas, imaxe, actividades, accións, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas “teñan cor e alegría e sirvan para dar ese imaxe de lingua viva, útil e atractiva para todos e todas e en todos os ámbitos e situacións sociais”.

A campaña  procura o obxectivo, explica a Coordinadora, de que se lle dea máis protagonismo ao idioma, “especialmente nas celebracións e programas arredor do Día das Letras Galegas, mais lembrando a necesidade de o facer ao longo de todo o ano e en todos os ámbitos”. A CTNL enviaralle a proposta a concellos, centros de ensino e tecido social do país para que nas súas actuacións e propostas ara o 17 de Maio procuren a viveza e o futuro da lingua “alén do ámbito literario e que se centren en visibilizar un idioma vivo e rico válido para todo e para [email protected].

A CTNL propón o lema ‘Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva,...
comentarios