O Supremo anula o xuízo contra os integrantes da mesa do Parlament catalán no 1-O por falta de imparcialidade

O TS pon en dúbida o labor de Jesús María Barrientos e Carlos Ramos.
Hemiciclo do Parlament catalá nunha imaxe de arquivo. (Foto: Pau Venteo / Europa Press)
photo_camera Hemiciclo do Parlament catalá nunha imaxe de arquivo. (Foto: Pau Venteo / Europa Press)

O Tribunal Supremo (TS) vén de anular a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSXC) contra os membros da mesa do Parlament catalán durante o referendo de independencia do 1 de outubro de 2017.

Neste sentido, o alto tribunal ordena repetir o xuízo contra os cinco integrantes políticos -Anna Simó, Lluís Corominas, Lluís Guinó y Ramona Barrufe- condenados por desobediencia, ao entender que dous dos maxistrados do TSXC, o presidente Jesús María Barrientos e o xuíz Carlos Ramos, actuaron de maneira parcial contra os acusados.

O TS acepta así a trámite un recurso de casación, interposto por Simó e ao que se adheriron posteriormente o resto de deputados condenados, pola actuación “irregular” de ambos os dous xuíces. Tanto Barrientos como Ramos son os mesmos maxistrados que xa foran apartados do xuízo contra a mesa do Parlament cando a presidía Roger Torrent.

Dos integrantes da mesa do Parlament naquel momento, só Mireia Boya resultou absolta. O resto de membros do órgano foron sentenciados a unha pena dun ano e oito meses de inhabilitación. Ademais, impúxoselles unha multa de 30.000 euros.

Causa contra Roger Torrent

O pasado mes de setembro de 2021, o TSXC citou a declarar como imputados o ex president do Parlament e conselleiro de Traballo, Roger Torrent, así como os membros da mesa do Parlament na anterior lexislatura, Adriana Delgado, Eusebi Campdepadrós e Josep Costa.

órgano xudicial acusábaos de desobediencia por admitir a trámite e permitir debater no pleno dúas resolucións, en novembro de 2019, en defensa de dereito de autodeterminación, contra a sentenza do Tribunal Supremo polo referendo do 1 de outubro e de reprobación da monarquía.

A primeira das resolucións, aprobada na sesión plenaria de 12 de novembro de 2019, expresaba a vontade do Parlament “de exercer de forma concreta o dereito de autodeterminación e de respectar a vontade do pobo catalán”. O 29 de outubro a mesa admitía a trámite a proposta; o 5 de novembro desestimaba as peticións de reconsideración do Partido Popular, PSC e Ciudadanos e o 12 de novembro sometíaa a debate e aprobación do pleno.

O segundo dos acordos, validado na sesión de 26 de novembro de 2019, recollía que “o Parlament reitera e reiterará tantas veces como o queiran os deputados e as deputadas a reprobación da monarquía”. Ao tempo, afirmaba que “o Parlament reitera e reiterará tantas veces como queiran os deputados e as deputadas a defensa do dereito á autodeterminación e a reivindicación da soberanía do pobo de Catalunya”.

Comentarios