Detido o exvicepresidente do Parlament catalán Josep Costa

Foi detido por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, perante o que se negou a declarar cando foi citado porque non recoñece a súa autoridade para xulgar decisións parlamentarias.

josep costa

O exvicepresidente do Parlament de Catalunya Josep Costa foi detido por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, onde está a ser investigado, acusado de desobediencia ao Tribunal Constitucional español, segundo informaron fontes da defensa e do tribunal.

Actualmente atópase no calabozo e pasará a disposición da xuíza Maeia Eugènia Alegret ás 14:30 horas.

Vox pedira a súa detención porque non compareceu a declarar cando foi citado, xunto co expresidente Roger Torrent e os exconselles Eusebi Campdepadrós e Adriana Delgado.

Costa non declarou porque dixo non recoñecer a autoridade do tribunal para xulgar acordos e debates parlamentarios.

 Nunha mensaxe publicada en Twitter, dixo: "Non estou disposto a montar unha mesa de diálogo con xuíces e fiscais represivos que non teñen nocións básicas do que é a separación de poderes. O meu obxectivo é gañar esta batalla en Europa, polo que decidín non testificar".

Comentarios