Serbia solicita á OTAN a despregadura de 1.000 militares en Kosovo

No medio do aumento de tensións entre Belgrado e Pristina, capitais de Serbia e Kosovo respectivamente, Serbia solicitará á KFOR (forza militar dependente da OTAN) o despregamento de 1.000 membros do Exército e da Policía serbios na república de Kosovo no marco da resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU.
O presidente de Serbia, Aleksandar Vučić (Foto: Sven Hoppe / dpa).
photo_camera O presidente de Serbia, Aleksandar Vučić (Foto: Sven Hoppe / dpa).

No medio do aumento de tensións entre Belgrado e Pristina, capitais de Serbia e Kosovo respectivamente, Serbia solicitará á KFOR (forza militar dependente da OTAN) o despregamento de 1.000 membros do Exército e da Policía serbios na república de Kosovo no marco da resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU.

A decisión de enviar unha carta ao comandante da KFOR tomouse esta quinta feira tras un debate no seo do Goberno serbio.

Anteriormente, o presidente de Serbia, Aleksandar Vucic, anunciou a súa intención de aplicar a medida, sinalando que xa sabe que a solicitude será rexeitada.

"Non me fago ilusións e sei que rexeitarán esa petición […] Atoparán innumerábeis razóns, aínda que non teñan dereito a facelo, para dicir que están 'a controlar a situación' e que 'non hai necesidade diso'", afirmou.

O mandatario subliñou que o despregamento "non é unha posibilidade, senón unha obrigación para a KFOR", referíndose a que a resolución do Consello de Seguridade, que foi aprobada en xuño de 1999 e que fixou o despregamento da misión pacificadora internacional, estabelece que Belgrado podería enviar un continxente de seguridade ao país tras a desmilitarización do chamado Exército de Liberación de Kósovo e a saída das forzas serbias.

Mentres, na xornada da cuarta feira reportouse que os albanokosovares tomaron o poder pola forza no municipio de Kosovska Mitrovica, no norte de Kosovo.

Petar Petkovic, xefe da Oficina para Kósovo e Metojia, denunciou que albaneses se apoderaron dos escanos dos concelleiros serbios no Concello do municipio.

Petkovic sostén que, con este tipo de accións, Pristina busca crear "un municipio albanés monoétnico" no norte de Kosovo e Metojia, así como acusou ao primeiro ministro kosovar, Albin Kurti, de querer provocar imprudentemente actos de violencia.

Comentarios