Rusia anuncia "medidas radicais" ante a situación actual no Donbás

De acordo coas primeiras informacións, Rusia respondería deste modo ao avance do exército ucraíno en Járkov, un territorio que se encontra moi perto do Donbás. 
O ministro de Defensa Ruso, Sergei Shoigu (Foto: Kremlin).
photo_camera O ministro de Defensa Ruso, Sergei Shoigu. (Foto: Kremlin)

O Ministerio de Defensa Ruso anunciou no día de onte que tomará "medidas radicais" perante a "situación crítica que se está a vivir no Donbás".

Segundo fontes gobernamentais rusas, ese conxunto de medidas incluirían novo material militar máis moderno e potente así como mísiles e demais munición máis avanzada que a que viñan utilizando até agora.

De acordo coas primeiras informacións, Rusia respondería deste modo ao avance das forzas do exército ucraíno en Járkov, un territorio que se encontra moi perto do Donbás. 

A pesar disto, As Forzas Armadas de Ucraína afirmaron onte a través dun comunicado que o Exército ruso está a sufrir "danos significativos a diario" no medio das contraofensivas lanzadas polas forzas ucraínas en varias rexións do país, antes de agregar que durante as últimas 24 horas "morreron até 350 militares rusos en combate".

"O Exército ruso sofre perdas significativas de persoal cada día e tenta compensalas de distintas formas. A cúpula militar segue buscando quen quere loitar entre prisioneiros, especialmente en colonias da rexión de Tula", denunciou, antes de apuntar que as autoridades rusas "prometen aos convictos borrar o seu historial criminal a cambio de tres meses de servizo", aseguraron as Forzas Armadas Ucraínas.

O Kremlin defende a ofensiva militar

O Kremlin afirmou tamén onte que as garantías de seguridade que reclama Ucraína como paso previo á procura dunha solución negociada á guerra supoñen "unha ameaza" para a seguridade de Rusia, motivo polo que defendeu a necesidade de manter a ofensiva militar.

"Ninguén oculta que teñen en mente que Ucraína se una á OTAN, iso segue aí", dixo o portavoz da Presidencia rusa, Dimitri Peskov. "Só este país [Ucraína] debería adoptar medidas que eliminen a ameaza a Rusia.

Saben perfectamente ben cales deberían ser estas accións", remarcou Dimitri Peskov, despois de que a Presidencia ucraína publicase un documento con "recomendacións" que inclúen que "un grupo central de aliados adopte compromisos claros para apoiar as Forz

[Esta información foi editada para eliminar a referencia 'forzas da OTAN' por ser incorrecta]

Comentarios