guerra

Ursula von der Leyen. (Foto: Philipp von Ditfurth / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

A UE pon a disposición de Ucraína as ganancias de activos rusos conxelados, 1.500 millóns de euros

A maioría dos fondos, que canalizará Bruxelas, son para armas.
O líder ruso Vladimir Putin. (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Rusia inquire se Ucraína ten "permiso" da OTAN para comezar unhas negociacións de paz cada vez máis próximas

Kíiv choca cos aliados ao abrirse ás conversas con Moscova.
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski (Foto: Ukraine Presidency / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Xiro de temón de Zelenski sobre as conversas de paz: "Creo que neste segundo cumio deberían de participar representantes rusos"

O 44% dos ucraínos e das ucraínas cren que chegou o momento de empezar a negociar o final da guerra con Rusia, fronte a 35% que se mostra en contra e 21% que non ten unha opinión clara, segundo unha enquisa.

A presión a prol da paz na Ucraína

Presentación da proposición de lei para regular o embargo de armas (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

BNG, Sumar, Podemos, ERC e Bildu rexistran unha iniciativa para regular o embargo de armas a Estados que cometan xenocidios

O BNG, Sumar, Podemos, ERC e Bildu rexistraron esta quinta feira no Congreso español unha proposición de lei para regular o embargo de armas a aqueles Estados que cometan xenocidios ou crimes de lesa humanidade como, ao seu xuízo, está a facer Israel.
EuropaPress_5959676_fotografia_archivo_grupo_personas_campamento_desplazados_internos
star
INTERNACIONAL

A guerra polo control dos recursos mineiros desangra a República Democrática do Congo

O grupo de persoal experto sobre o Congo de Nacións Unidas vén de publicar un informe onde alerta do risco dun xenocidio neste Estado africano. O relatorio chega tras retirárense da zona o pasado 25 de xuño as forzas de interposición da ONU, nun pais que suma décadas ininterrompidos de guerra.

O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, visitando as súas tropas no norte de Gaza (Foto: Avi Ohayon / GPO / DPA).
INTERNACIONAL

'Haaretz' revela que Israel ordenou abrir fogo contra soldados propios para evitar secuestros e sen importar alcanzar civís

O 7 de outubro de 2023, día no que os militantes palestinos atacaron asentamentos, bases militares e postos de control israelís, as FDI recibirían a orde de aplicar a directiva 'Aníbal', que instrúe o uso da forza contra os seus propios soldados para evitar que sexan tomados e sometidos a cativerio.
EuropaPress_6080053_09_july_2024_us_washington_boris_pistorius_3rd_germanys_defence_minister
INTERNACIONAL

A OTAN celebra os seus 75 anos apostando por escalar a guerra no leste de Europa

En 1949 constituíase na capital dos Estados Unidos de América a OTAN. Esta terza feira, 75 anos despois, os Estados integrantes da alianza volveron reunirse en Washington coa guerra contra Rusia no leste de Europa no centro da axenda e nun contexto de incerteza polo proceso electoral estadounidense de novembro.

Benjamin Netanyahu e Pedro Sánchez, durante unha visita do segundo a Israel en novembro de 2023 (Foto: Belga / Europa Press).
ECONOMÍA

O Estado español destinou máis de 1.000 millóns de euros a empresas militares israelís desde o comezo da ofensiva sobre Gaza

Un informe, chamado 'Business as usual. Análise do comercio de armas español de 2022-2023 e argumentos para un embargo de armas a Israel', desvela que as relacións militares entre Madrid e Tel Aviv mantivéronse "no esencial".

Benjamín Netanyahu reuniuse o pasado 25 de xuño con soldados de reserva no norte de Israel. (Foto: Koby Gideon / GPO / dpa).
star
Análise

A guerra de Israel e a de Netanyahu

Xurxo Agra do Pazo é licenciado en Ciencias Políticas.
Orbán e Putin, esta sexta feira en Moscova (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Orbán viaxa a Moscova e reúnese con Putin na súa "misión de paz"

Líderes da UE censuran a xuntanza entre Budapest e Moscova.
Xi Jinping e Vladimir Putin, esta quinta feira nunha cimeira en Casaquistán (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Putin ofrece retomar as negociacións con Ucraína sobre a base dos acordos de Estambul

A China pide traballar pola paz e os EUA anuncian un novo envío de armas.

Quen lle abre a porta á ultradereita?

Retrato da poeta e activista feminista Heba-Abu-Nada, asasinada en Gaza en outubro de 2023 polas forzas israelís. (Foto: Maitane Azurmendi).
star
Análise

Xenocidio

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.
Donald Trump (Foto: Aaron Schwartz).
INTERNACIONAL

Cal é o plan de Donald Trump para Ucraína e a OTAN?

Asesores do ex presidente relatan a 'Politico' as estratexias que seguiría no caso de volver á Casa Branca.
Tropas israelís durante as operacións militares das Forzas de Defensa de Israel na Faixa de Gaza (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Xenerais israelís apoian unha tregua con Hamás en Gaza: a carencia de municións e a tensión co Líbano fican entre os motivos

Segundo 'The New York Times', oficiais israelís sinalan que o cesamento do fogo con Hamás podería facilitar un acordo con Hezbolá que minimizaría as hostilidades na fronteira co Líbano.
O doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela Rafael García. (Foto: Nós Diario)
star
CONTRACULTURA

Rafael García: "Nas mobilizacións de outubro de 1934 en Compostela recorreuse ao estado de guerra"

Rafael García é o autor de Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión, a obra galardoada co XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, convocado pola Fundación Vicente Risco.
Soldados ucraínos en Donetsk o pasado mes de marzo. (Foto: Europa Press / Contacto / Madeleine Kelly).
star
Análise

Quérennos armados até os dentes

Fernando F. Valiño é xornalista.
Fábrica de vehículos na China, Estado que produciu unha quinta parte dos coches eléctricos vendidos en Europa en 2023. (Foto: Unique Vision)
star
INTERNACIONAL

A UE únese á guerra comercial dos Estados Unidos coa suba de aranceis aos coches eléctricos da China

Logo de anos de reticencias no seo da Unión Europea para sumarse á guerra comercial desatada polos Estados Unidos contra a China, a Comisión Europea, sen agardar á conformación do novo Executivo após as eleccións do domingo, deu finalmente este paso.
A líder do BNG, Ana Pontón, e a candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, nun acto en Ferrol (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Pontón asegura que o BNG aposta por construír "a Europa da paz" fronte a unha UE "militarista"

A portavoz nacional cualifica de "xenocidio" a situación en Palestina.