Bulgaria acode por cuarta vez en ano e medio ás urnas para renovar o seu Parlamento

Segundo as enquisas, podería baterse un récord de abstención con arredor de 50%.
O candidato Boiko Borissov é o principal aspirante a converterse en primeiro ministro de Bulgaria. (Foto: Europa Press)
photo_camera O candidato Boiko Borissov é o principal aspirante a converterse en primeiro ministro de Bulgaria. (Foto: Europa Press)

A pobaoción búlgara decide hoxe, por cuarta vez en ano e medio, a composición do seu Parlamento. Bulgaria volve ás urnas despois da moción de censura que acabou en xuño coa coalición do primeiro ministro Kiril Petkov.

Segundo as enquisas, entre sete e oito partidos poderían acabar coa representación política tras as eleccións deste domingo.

O partido dos Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria, do ex primer ministro Boiko Borissov, estaría á cabeza con, aproximadamente, 25% dos votos; seguido do partido de Petkov, Continuamos o Cambio, que obtería perto de 20% das papeletas.

A formación Movemento polos Dereitos e as Liberdades, os socialistas e o partido de extrema dereita Revival, dispútanse a terceira posición, segundo as enquisas. As sondaxes tamén prognostican unha abstención récord, que podería rondar 50%.

Kostadin Kostadinov, candidato de Revival, chamou á "neutralidade total" no conflito de Ucraína, unha postura que lle permitiu duplicar a intención de voto, segundo indican as enquisas, con respecto aos últimos comicios, nos que obtivo 5% das papeletas.

Preocupación pola inflación

Bulgaria, ao igual que os outros países do Leste de Europa, estase a ver moi prexudicada pola suba do índice de prezos de consumo. Os últimos datos da inflación dos Estados membros da UE mostran que Bulgaria está perto de 20%.

Segundo as persoas especializadas na materia, a inseguridade económica é a maior preocupación da cidadanía que hoxe acode ás urnas. Ademais da cuestión económica, o tema da corrupción tamén ocupou unha gran parte da campaña política durante os último debates lexislativos.

Comentarios