Arxentina escolle entre Sergio Massa e Javier Milei

Os colexios electorais abriron ás 8 horas na Arxentina, as 12 do mediodía na Galiza. 
Sergio Massa e Javier Milei (Fotos: Europa Press / Contacto / Manuel Cortina).
photo_camera Sergio Massa e Javier Milei (Fotos: Europa Press / Contacto / Manuel Cortina).

Uns 35 millóns de arxentinos e arxentinas estás chamadas este 19 de novembro, en segunda volta, a escoller entre Sergio Massa, candidato do peronismo e gañador na primeira volta dos comicios, o pasado mes de outubro, e o ultradereitista Javier Milei, quen na recta final da campaña axitou a pantasma da fraude electoral.

Os colexios electorais abriron ás 8 horas na Arxentina. As persoas electoras teñen 10 horas para votar, até as 18 horas, dez da noite na Galiza, se ben está prevista unha ampliación do horario sempre e cando se dean as condicións necesarias e o xulgado electoral con competencia estatal dea a súa aprobación.

Incerteza

Arxentina elixe o futuro presidente nin clima de incerteza. De acordo con as dez últimas enquisas recompiladas polo diario La Nación, Milei sae como vencedor en seis delas, fronte ás catro que falan dun triunfo de Massa.

Os mesmos estudos estiman unha media de 2,9% de voto en branco e un 2,5% de electores indecisos. Na primeira volta participaron 77,65% das persoas chamadas a votar e todo apunta que a participación vai ser un dos factores chave nesta nova xornada electoral, da que sairá o nome do futuro presidente do goberno arxentino.

Ben Sergio Massa, actual ministro de Economía e candidato de Unión pola Patria, ben Javier Milei, candidato ultraliberal de Liberdade Avanza.

Voto obrigatorio

Na Arxentina, o voto é obrigatorio. Poden exercer este dereito as persoas maiores de 16 anos, mais para as que teñen entre 18 e 70 anos, non acudir ás urnas pode supor multas económicas e sanciones, como a inhabilitación para un cargo público de forma temporal.

No Estado Español teñen dereito ao voto unhas 110.000 persoas. Son arxentinos no exterior para os que o voto non é obrigatorio. Mais teñen seis consulados onde exercelo de forma presencial, entre eles o de Vigo, aberto desde as 8 ás 18 horas.

Arxentinos na Galiza

A sede viguesa non só ten competencias para a Galiza, tamén para as provincias de León e Zamora e o Principado de Asturias. Entre todas, non chegan a 7.000 persoas con dereito a voto. Na primeira volta, só 266 depositaron a papeleta na urna, menos do 4%.

Os primeiros resultados coñeceranse sobre a media noite na Galiza, as 21 horas na Arxentina.

Comentarios