A extrema dereita arxentina difundiu unha suposta fraude electoral sen probas perante a súa derrota electoral

Medios arxentinos recolleron esta cuarta feira un informe da organización non gobernamental Contextual no que denuncia unha “acción coordinada” entre dirixentes da arxentina A Liberdade Avanza e persoas usuarias próximas á formación de extrema dereita nas redes sociais para difundir unha suposta fraude electoral na primeira volta das presidenciais do 22 de outubro, na que o seu candidato, Javier Milei, foi derrotado polo progresista Sergio Massa (Unión pola Patria) en contra das previsións das enquisas. Milei e Massa enfrontaranse o 19 de novembro na segunda volta dos comicios presidenciais. Contextual sinala que o propio Milei “avalou e lexitimou” as acusacións sen probas, replicando “operacións similares” da extrema dereita brasileira ou española.
O ultradereitista Javier Milei nas votacións da primeira volta. (Foto: Cristobal Basaure Araya / SOPA Ima / DPA)
photo_camera O ultradereitista Javier Milei nas votacións da primeira volta. (Foto: Cristobal Basaure Araya / SOPA Ima / DPA)
Comentarios