A xustiza europea anula os acordos pesqueiros entre a UE e Marrocos que inclúen o Sáhara Occidental

Unha zona de faena de barcos galegos

O Tribunal Xeral da Unión Europea ( TUE) anulou esta cuarta feira os acordos pesqueiro e agrícola entre a Unión Europea e Marrocos por incluír na súa aplicación produtos do Sahara Occidental, un territorio ocupado pendente de descolonización.

A sentenza do tribunal de Luxemburgo estimou os recursos expostos pola Fronte Polisaria, mais mantén a aplicación dos devanditos acordos "durante un certo período de tempo" para "preservar a acción exterior da Unión e a seguridade xurídica dos seus compromisos internacionais".

A resolución pode ser recorrida perante o Tribunal de Xustiza da UE, a máxima instancia da institución, nun prazo de dous meses e dez días.

Comentarios