Que implica a nova lei de Vivenda?

O novo acordo estipula que serán regulados e topados todos os alugueiros en áreas tensionadas "en todos os casos".
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
photo_camera Vivendas en construción (Foto: Arxina).

O acordo alcanzado polos partidos do Goberno de coalición con Esquerra Republicana (ERC) e EH Bildu para desbloquear a Lei de Vivenda incluirá finalmente unha rebaixa do concepto de ‘gran propietario’, que se considerará así a partir da propiedade de cinco inmóbeis e non de dez como até o de agora, e ampliará a declaración de zonas tensionadas do mercado alugueiro, onde o prezo dos alugueiros están topados.

Segundo consta no acordo, presentado no Congreso polos portavoces de EH Bildu e ERC, Oskar Matute e Pilar Vallugera, respectivamente, en materia de subidas de alugueiros a norma manterá o límite de 2% para este ano, mentres que se incrementará a 3% en 2024 para, no futuro, crear un novo tope.

O IPC non será índice de referencia

En concreto, eliminarase o IPC como índice de referencia para a actualización anual da renda dos contratos, ao considerar os grupos parlamentarios que a inflación "demostrou ser un índice que pode xerar en poucos meses fluctuacións enormes".

Deste modo, durante 2023 aplicarase o límite de 2% en vigor, mentres que en 2024 será de 3% e en diante crearase un novo índice nestes termos, co obxectivo de que sexa máis estábel e inferior á evolución do IPC e que tope os aumentos da renda pola renovación anual.

Prezo do aluguer

Así mesmo, serán regulados e topados todos os alugueiros en áreas tensionadas "en todos os casos". Isto será efectivo tanto para grandes como pequenos propietarios, así como para contratos de inmóbeis que xa estean no mercado de alugueiro e para novos contratos.

Os topes estabeleceranse, dependendo da modalidade de contrato e propiedade, mediante a indexación á renda anterior en vigor para os pequenos propietarios e mediante a aplicación do índice de contención de prezos para os grandes propietarios.

Comentarios