O prezo da luz sobe até os 271,06 euros/MWh, 171% máis que hai un ano

O maior custo darase entre as 21 e as 22 horas, e o menor, de 11 a 12 horas.
A factura da luz é hoxe 183% máis elevado que hai xusto un ano. (Foto: Europa Press)
photo_camera A factura da luz é hoxe 171% máis elevado que hai xusto un ano. (Foto: Europa Press)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vencelladas ao mercado ao por maior sobe nesta segunda feira 3,59% a respecto deste domingo, até os 271,06 euros por megawatt e hora (MWh), segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Supón un incremento de 171% en comparanza co mesmo día de 2021.

Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade. Na poxa, o prezo medio da luz, o denominado pool, fica en 176,58 euros/MWh.

O prezo máximo rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, con 250 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 125 euros/MWh, darase entre as 11 horas e as 12 horas.

A este prezo do pool súmase a compensación de 94,48 euros/MWh ás compañías gasistas que ten que ser abonada polas persoas consumidoras beneficiarias da medida, as da tarifa regulada (PVPC) ou as que, malia estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada.

Así funciona a 'excepción ibérica' para o Estado español e Portugal

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da luz no Estado español sería de media uns 414,34 euros/MWh, o que supón perto de 143 euros/MWh máis que coa compensación para clientes da tarifa regulada, que pagarán así 34,5% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por megawatt e hora durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais e, posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios