Bruxelas defenderá o recorte das capturas de atún no océano Índico

A Comisión Europea advirte da situación dos bancos de túnidos no océano Índico.
Traballadores descargan atún na lonxa de Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Traballadores descargan atún na lonxa de Burela. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

A Unión Europea (UE) defenderá a necesidade de instaurar un plan de tres anos para a xestión das poboacións de atún no océano Índico que inclúa entre as súas medidas recortes nas capturas, segundo informou Bruxelas a un mes da próxima negociación internacional que terá lugar entre os días 8 e 12 de maio no marco da Comisión do Atún do Océano Índico (IOTC, polas súas siglas en inglés).

A Comisión Europea, que representa á UE nestas negociacións, advirte de que os datos científicos revelan que a situación dos stock e os niveis de pesca que se permiten "non son sostíbeis", polo que pedirá na reunión cambios na xestión dos caladoiros afectados.

"Queremos mellorar a conservación do atún e reducir drasticamente as actividades de pesca ilegal, non declarada e non regulada", indicou nun comunicado o comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius.

A proposta comunitaria, que avoga por deseñar un plan plurianual, unha estratexia frecuente noutras organizacións rexionais de pesca mais que nunca se utilizou até o de agora na contexto do océano Índico.

Desta maneira, os servizos comunitarios expoñen un plan plurianual de tres anos para unha mellor xestión dos principais túnidos tropicais, o que implicará recortes na pesca de atún claro, atún patudo e bonito en liña cos limiares recomendados polos ditames científicos.

A UE propón unha redución proporcional das capturas tendo en conta tanto o nivel actual de capturas de cada membro da IOTC como o seu estado de avance para garantir que os Estados en vías de desenvolvemento reciban un trato xusto.

Atracción do peixe

Bruxelas prevé presentar obxeccións á resolución adoptada polo IOTC en contra dos dispositivos de concentración de peces (FAD), utilizados para atraer as poboacións de peixes até a súa captura, xa que considera que non debe restrinxirse este método senón traballar para "minimizar" o seu impacto.

Comentarios