A CIG adía a data da folga xeral "até que CC.OO. e UGT se convenzan da súa necesidade''

O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, explicou que o 26 de setembro, cadrando co paro en Euskal Herría, sería o día máis acaído de ser posíbel o chamamento conxunto. Do contrario, a resposta podería non ser "tan contundente como merece o actual contexto económico e social"

A folga xeral terá que esperar. A executiva confederal da CIG acordou nesta quinta feira adiar a data fixada, o 26 de setembro cadrando co paro convocaro en Euskal Herria, para favorecer unha convocatoria conxunta con CC.OO. e UGT, aínda que a decisión fica pendente de ser ratificada polo secretariado confederal extraordinario --organismo do que fan parte as distintas comarcas e federacións--, que se celebrará a vindeira segunda.

Ao fío, o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, explicou que a convocatoria en solitario foi valorada mais, após o masivo seguimento logrado o 19 de xullo cun chamamento conxunto, "hai moitas espectativas creadas e, de irmos en solitario, quizais a resposta non sexa tan contundente como merece o actual contexto económico e social". Con este obxectivo Seixo avanzou que a CIG seguirá a traballar con CC.OO. e UGT "para que se convenzan da necesidade da folga xeral".

Comentarios