VÍDEO | "O gol é como as mozas na discoteca". Eis as declaracións machistas do adestrador do Sporting de Xixón

As declaracións de Miguel Ángel Ramírez provocaron unha gran polémica nas redes sociais.
O adestrador do Sporting de Xixón, Miguel Ángel Rodríguez (Foto: Nós Diario).
photo_camera O adestrador do Sporting de Xixón, Miguel Ángel Rodríguez (Foto: Nós Diario).

O adestrador do Sporting de Xixón, Miguel Ángel Ramírez, fixo unhas declaracións durante unha rolda de prensa que crearon gran polémica nas redes sociais.

“O gol é como as mozas na discoteca. Cando máis te achegas, elas máis se afastan”, unha frase machista que foi pronunciada por Ramírez durante a rolda de prensa.

“Despois, cando non lles fas caso, [ás mozas] igual te tocan así por atrás e dinche, oe, que?”, indicou Ramírez para explicar o por que o seu equipo gañara o Mirandés por tres a cero.

Desculpas

Ramírez pediu desculpas por estas declaracións na mañá desta segunda feira após toda a polémica xerada.

“Onte á noite non estiven afortunado na comparación que utilicei para falar da nosa relación co gol. Non ten que ver co meu modo de entender a vida e os meus valores. Pido desculpas por iso”, indicou na súa conta de X (antiga Twitter).

Comentarios