Vía Galega comeza a recoller sinaturas para levar ao Parlamento a ILP sobre as seleccións deportivas galegas

Precisa de, cando menos, 2.500 sinaturas para superar o seguinte paso é chegar á Cámara galega, onde os deputados de PP, BNG e PSdeG deberán votar a favor, en contra ou absterse.
As selección galegas en xeral, e a de fútbol en particular, levan décadas sendo obxecto de reivindicación por parte da inmensa maioría da sociedade galega. (Foto: Nós Diario)
photo_camera As selección galegas en xeral, e a de fútbol en particular, levan décadas sendo obxecto de reivindicación por parte da inmensa maioría da sociedade galega. (Foto: Nós Diario)

A plataforma Vía Galega vén de anunciar que xa comezou co proceso de recollida de sinaturas para que o Parlamento galego debata a súa proposta de Proposoción Non de Lei que recoñeza o "dereito, interese e necesidade" das seleccións deportivas galegas a competir en eventos e torneos internacionais.

Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada por Vía Galega o pasado 30 de marzo foi admitida a trámite pola mesa do Parlamento galego, segundo explica nun comunicado.

Agora, precisa de, cando menos, 2.500 sinaturas para superar o seguinte paso é chegar á Cámara galega, onde os deputados de PP, BNG e PSdeG deberán votar a favor, en contra ou absterse.

Entre os integrantes da comisión promotora desta iniciativa, destacan a subcampioa Estatal junior de Decatlón, Alba Cuba Dorado; a primeira muller árbitra de balonmán en Europa, Cristina Fernández Piñeiro; o responsábel de Deportes de Nós Diario, Héctor Pena Taboada; ou o coordinador da Federación de Peñas do C.D. Lugo, Román Sánchez Basteiro.

Proposta de Vía Galega

De ser admitida a trámite e posteriormente aprobada a proposta de Vía Galega, o Parlamento instaría a Xunta a "tomar as medidas necesarias para que "a Galiza teña o dereito a competir coas súas seleccións deportivas absolutas a nivel oficial e internacional en todas as modalidades, categorías e disciplinas deportivas".

Tamén recolle a petición de que "os nosos e as nosas deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e  exhibila cando soben ao podio", ademais de que "se conformen seleccións galegas femininas e masculinas en todas as categorías e disciplinas deportivas".

Por último, a proposta incide en que "se galeguice o deporte e se promova a normalidade lingüística neste ámbito", e que "se impulse a igualdade de xénero mediante a participación da muller na práctica do deporte e coa conformación de seleccións e competicións femininas".

Comentarios