'Nós Diario' celebra nas súas páxinas de mañá o centenario do Celta

O xornal inclúe unha dobre páxina conmemorativa que repasa os 100 anos de historia celeste.
O capitán, Iago Aspas, foi o autor do tanto que lle serviu ao Celta para obter un vital triunfo pola mínima (0-1) en Montilivi a pasada tempada. (Foto: La Liga).
photo_camera Con 195 tantos entre Primeira, Segunda, Copa e Europa League, Aspas é o máximo goleador celeste. (Foto: La Liga).

Nós Diario únese á celebración do centenario do Real Club Celta de Vigo, e faino publicando unha reportaxe especial a dúas páxinas no seu exemplar de mañá, día 23 de agosto. 

Ese día, no que a escuadra olívica alcanza os 100 anos de vida,realizamos un amplo percorrido pola historia do Celta.

Ademais, daremos a coñecer os resultados das diferentes enquisas publicadas en nosdiario.gal todos os días deste mes de agosto, nas que o celtismo puido escoller cos seus votos os aspectos máis destacados da historia do club

Quen foi mellor, Aspas ou Mostovoi? Que porteiro deixou máis pegada nos corazóns da parroquia de Balaídos? Cales dos técnicos que dirixiron o club até a actualidade continúan levantando simpatías? E, botando a vista cara aos despachos, que presidente elixirías? Rivadulla, Horacio Gómez, Carlos Mouriño...?

Tamén preguntamos, ao fío da estrea dun novo escudo arroupado pola bandeira da Galiza con motivo do centenario, se a presente versión do escudo é a máis axeitada das que existiron desde os seus inicios, ou cal dos moitos himnos e cancións dedicadas ao Celta representa mellor o sentimento celtista.

Comentarios