Jorge Prado conquista o Mundial de MXGP

O lucense fai historia con só 22 anos de idade.
Jorge Prado é o actual campión da categoría raíña do Motocros. (Foto: RTVE).
photo_camera Jorge Prado xa é campión. (Foto: RTVE).

O galego Jorge Prado é o novo capión do cundo de MXGP, sendo o primeiro piloto en conseguilo.

Sobre a súa GasGas, que tamén logra o seu primeiro título, o abandono de Romain Febvre unha vez superado o ecuador da primeira manga entregoulle o título automaticamente a Prado.

Na última proba do certame, con todo, logrou rematar en primeira posición, por diante de Jeremy Seewer.

Prado completa así unha fantástica tempada na que foi o que gañou máis mangas (14) e mangas clasificatorias (9), ao que engadiu os seus triunfos nos Grandes Premios de Alemaña e Trentino.

Con este título mundial Jorge Prado completa un fantástico palmarés que iniciou proclamándose campión de Europa e do Mundo na categoría de 65 centímetros cúbicos con só 10 anos.

Posteriormente 'caeron' o Europeo de 125 e o Mundial de MX2, e agora, o título da máxima categoría.

Comentarios