Xa dispoñíbel o novo episodio da serie documental da Academia sobre Delgado Gurriarán

Esta entrega de 'O soño da Galiza infinda', "descobre unha traxectoria poliédrica", que abarca desde "unha sensualidade unida á paisaxe do viño da súa terra, Valdeorras, até a poesía satírica antifranquista e, xa desde o exilio, un feixe de poemas singulares".
Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)

A Real Academia Galega (RAG) vén de estrear esta quinta feira o cuarto episodio da serie documental sobre o poeta Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022.

Esta entrega de 'O soño da Galiza infinda', "descobre unha traxectoria poliédrica", que abarca desde "unha sensualidade unida á paisaxe do viño da súa terra, Valdeorras, até a poesía satírica antifranquista e, xa desde o exilio, un feixe de poemas singulares".

A cuarta entrega da webserie, ao igual que as anteriores, pode verse na páxina web e na canle de Youtube da Real Academia Galega .

Segundo detalla a Academia nun comunicado, o crítico literario e escritor Miro Villar, autor de 'Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta non exilio mexicano', divide en tres etapas a produción poética de Florencio Delgado Gurriarán: a da poesía de preguerra, "debedora do hilozoísmo" de Amado Carballo e na que destaca o seu primeiro libro, Bebedeira (1934); a da poesía de combate, "con composicións moi belixerantes e satíricas contra os golpistas, algunha delas sobre o propio Franco; "e a do poeta que emerxe décadas despois", o Florencio de Galiza infinda, "o seu mellor libro", segundo Miro Villar.

Iniciativas da RAG

Con motivo do Día dás Letras Galegas, a RAG  está a traballar noutros contidos sobre Delgado Gurriarán, como unha serie de micropiezas audiovisuais, 'Polos camiños de Florencio', que reúne voces de distintos ámbitos para ofrecer diversas olladas á figura do autor e á súa obra. 

Tamén contidos para redes sociais, como 'Palabras de Florencio', "que une a divulgación da poesía do homenaxeado coa difusión do léxico galego".

Para o público máis novo a academia tamén convoca á comunidade escolar ao redor de Primavera dás Letras, páxina web na que se pode descargar a biografía de Florencio dirixida ao público infantil, asinada por Ledicia Costas e ilustrada por Branca Millán.

Tamén se poden atopar fichas para colorear, actividades interactivas e vídeos con homenaxes ao poeta do alumnado da comarca de Valdeorras.

Comentarios