A Real Academia Galega lembra o discurso académico de Florencio Delgado Gurriarán

A institución sacou á luz, na sección de publicacións, o seu discurso de ingreso como membro correspondente da institución. 
Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).
photo_camera Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).

A Real Academia Galega (RAG), con motivo do Día das Letras Galegas dedicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán, sacou á luz, na sección de publicacións, o seu discurso de ingreso como membro correspondente da institución.

Esta é unha das iniciativas coas que quere conmemorar a figura e a obra do escritor homenaxeado e que se engade á realización do pleno extraordinario este 17 de maio na súa aldea natal, Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras.

No seu discurso, Delgado Gurriarán mostraba a importancia do exilio mexicano que "tamén acendeu o seu 'fachiño' para escorrentar as tebras culturais".

O poeta lembraba a edición por parte do Partido Galeguista de México do Cancioneiro da Loita Galega (1943), do que foi coordinador, editor e coautor ou, xa no ámbito da comunicación, as emisións de radio e revistas Saudade (1942-1953) e Vieiros (1959-1968), escritas en galego. Ademais, expresaba a súa gratitude cara o presidente de México, Lázaro Cárdenas

Contidos audiovisuais

A RAG está emitindo unha serie web documental e está a producir unha serie de micropezas audiovisuais titulada Polos vieiros de Florencio, con diversos puntos de vista sobre a figura do autor e á súa obra.

Tamén difunde a través das redes contidos como Palabras de Florencio, que une a divulgación da poesía do homenaxeado coa difusión do léxico galego; e, xa para o público máis novo, a web Primavera das Letras na que se pode descargar a biografía de Florencio dirixida ao público infantil que asina Ledicia Costas e ilustra Branca Millán.

Alén disto, publicará unha edición galega da entrevista de Dores Pla a Delgado Gurriarán en Guadalaxara, México, de 1979.

Comentarios