O Pico Sacro volverá escoitar este sábado o 'Alba de Gloria' de Castelao

'Alba de Gloria' está considerado como “un dos mais fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires”.
Colocación da bandeira galega no cumio do Pico Sacro o 23 de xullo de 2022 (Foto: Nós Diario).
photo_camera Colocación da bandeira galega no cumio do Pico Sacro o 23 de xullo de 2022 (Foto: Nós Diario).

Este vindeiro sábado, 22 de xullo ás 12 horas, un ano mais a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural Vagalumes celebran a Lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico sacro.

“Con esta lectura lembramos a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala”, salientan desde as asociación organizadoras.

Alba de Gloria está considerado como “un dos mais fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires”.

Desde o Galo e Vagalumes lembran que non é precisa inscrición para participar na xornada e que se poden levar as persoas acompañantes que se quixeren.

O programa

Ás 12 horas darase a benvida aos asistentes e intervención do escritor Lois Diéguez. 45 minutos despois comezará a subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Groria de Castelao.

Xa na cima darase paso á lectura da obra sendo a asociación invitada a lela xunto con elas a Asociación Cultural Roxin Roxal de Paderne, tamén integrante da Federación Galiza Cultura. 

Ás 13.30 horas terá lugar a visita á chamada cova da Raíña Lupa e hora e media despois será o xantar na carballeira das insuas de Gres. Cada quen levara a súa comida, bebida e os aparellos necesarios para comer. 

Xa á 17 horas, saíndo do Campo do Rio (moi perto das insuas) farase a pé a até Donas o roteiro dos Pescadores (5 quilómetros aproximadamente) que decorre á beira do rio Ulla.

Finalmente ás 19.30 horas contemplarase o nacemento das augas sulfúricas da aldea de Donas (“as augas santas”) e, de poder ser, a chamada Casa das Donas.

Desde a organización recordan que se pode acudir a todas as actividades mais que non é obrigatorio.

Comentarios