Coñece Pedro Chosco e o trasno a través da cultura popular galega

Así presentan desde a tenda de deseño OZOCOgz estes bonecos que que constitúen un interesante agasallo para este Nadal xa que representan cuestións relacionadas coa cultura popular do país. Mais quen son Pedro Chosco e o Trasno?
Pedro Chosco e a trasna de OZOCOgz (Foto: OZOCOgz).
photo_camera Pedro Chosco e a trasna de OZOCOgz (Foto: OZOCOgz).

“Estes amiguiños están desexando un fogar onde pasar este Nadal, son Pedro Chosco e un par de trasnos ou trasgos, o Trasno e a Trasna”.

Así presentan desde a tenda de deseño OzocoGZ estes bonecos que que constitúen un interesante agasallo para este Nadal xa que representan cuestións relacionadas coa cultura popular do país. Mais quen son Pedro Chosco e o Trasno?

Pedro Chosco é o encargado de facer durmir as crianzas, que poden velo cando xa teñen un ollo fechado e o outro non o poden abrir.

Hai quen di que que bota nos ollos dos meniños un grao de area para facelos durmir, é por iso que cando unha crianza ten sono refrega os ollos e se por un acaso os nenos teñen restos de leite nos beizos, límpallos cun paniño.

O trasno

Un trasno ou trasgo é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno como este.

Segundo OzocoGZ, adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar sucesos de causa aparente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano non grave.

Así, o trasno argalla para facer que rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se leen os novelos etc. Pero o trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. Ás veces toma forma animal (coma un cabalo, un can abandonado e demais).

De acordo coa cultura popular, existe un truco moi eficaz para librarse do trasno. Consiste en deixarlle nun prato ou, mellor, ciscado no chan, unha boa présa de lentellas, feixóns, graos de millo ou cousa semellante.

Como o trasno non sabe contar máis de 100, cando chega a esta cifra ten que empezar de novo, e así manténselle ocupado sen que continúe facendo das súas.

Comentarios