As familias móvense contra o fechamento da última unitaria de Cerceda, o CEIP O Calvario

Educación comunicaba esta segunda feira ás familias do CEIP do Calvario (queixas-Cerceda) que o vindeiro curso non funcionaría esta escola. Mais esta parroquia non está dispostas a que o anuncio sexa realidade. Vídeo no interior

Unitaria cerceda Bocixa
photo_camera Imaxe: Bocixa

Na visita oficial que esta cuarta feira o presidente da Xunta fixo a unha empresa de Cerceda atopou un recebemento que seguramente non agardaba: pais e nais de alumnos esperando por el para lle informar do impacto negativo que supuña o fechamento da última escola unitaria deste concello, o CEIP do Calvario, en Queixas. Non poideron facelo, pois nin Núñez Feijóo nin o alcalde se achergaron até eles, un grupo de familias e crianzas 'custodiadas' en todo momento pola Policía Nacional.

As familias querían pedir que esa unitaria seguise aberta. Non por capricho ou comodidade, senón polo que supón en canto a modelo inclusivo de escola e de proxecto educativo integrado na súa propia contorna.

escola unitaria cerceda“Este tipo de escolas vai encamiñada ao que se está a desenvolver en países, onde a excelencia educativa está máis que demostrada. Isto é unha das razóns, polas cales non podemos deixar de loitar polo futuro deste tipo de ensinanzas. Parécenos un atraso na sociedade actual, acabar con algo que xa existe en España dende hai anos e que se está valorando poñer en funcionamento só agora, en outros países”, argumentan nun escrito remitido a Educación.

Estas familias poñen o exemplo doutras unitarias en Cereixo (Vimianzo) e Taboada (Carballo), que no seu momento estiveron en perigo de fechamento mais se acordou manter abertas un tempo. Indican que os nacementos destes anos en Cerceda amosan a “viabilidade” desta unitaria nos vindeiros anos.  

Comentarios