Novas fendas na Muralla de Lugo

O BNG lucense advirte que “poñen en perigo a súa estabilidade estrutural”.

IMG_1027

O BNG de Lugo advirte da aparición na Muralla da cidade de novas fendas nun cubo da estrutura e que poden afectar á estabilidade estrutural da mesma. O concelleiro Rubén Arroxo indica que a fenda, en sentido vertical e que ten “unha considerábel lonxitude”, está fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza.

Arroxo pediu que se tomen as medidas precisas para evitar un posible derrumbe ou o deterioro desta parte dun monumento que é Patrimonio da Humanidade. O concelleiro lembrou a responsabilidade da Xunta no mantemento da Muralla e pediu “que se actue con prontitude e dilixencia como é necesario por tratarse dun monumento Patrimonio da Humanidade. 

Comentarios