Detidas dúas persoas en Arteixo por danar o patrimonio arqueolóxico durante unha tala

Causaron danos no muro perimetral e defensas do Castro de Pastoriza, informa o Seprona.

castro pastoriza patrimonio galego
photo_camera Imaxe: Patrimonio galego

O Servizo de protección da natureza (Seprona) da Garda Civil detivo en Arteixo 2 persoas acusadas dun delito sobre o patrimonio histórico ao realizar unha tala sen autorización nas inmediacións dun xacemento arqueolóxico que resultou con danos. Segundo recolle a axencia Europa Press, a tala tivo lugar na zona de protección integral do xacemento arqueolóxico, da Idade de Ferro e causaron danos no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza.

A Garda Civil detivo en abril un veciño ao que acusou de delito sobre o patimonio por preparar o terreo para plantar eucaliptos no Castro da Pastoriza, labor no que causou danos no parapeto principal e foxo da xona norte do xacemento.

O Seprona puxo de manifesto o descoñecemento das obrigas que os titulares de fincas que conteñen bens declarados, catalogados ou inventariados teñen de conservalos e protexelos.

Comentarios