Comarcas

A oposición veciñal paraliza a construción en Trazo dunha planta para residuos de Sogama

A oposición veciñal paraliza a construción en Trazo dunha planta para residuos de Sogama

O rexeitamento parte da ameaza de contaminación que representaba para a gandeiría da zona.

adega

Non haberá planta de tratamento de residuos dos fornos de Sogama en Trazo. A empresa que proxectaba construír as instalacións desiste da idea, que causaba unha forte oposición entre a veciñanza, un rexeitamento que parte da preocupación pola ameaza de contaminación que podería representar para as explotacións gandeiras e o ambiente, tal e como informa Campo Galego. Este portal especializado é quen dá a noticia, confirmando pola propia empresa que a planta que se propuña construír no monte da Picouta non vai ir adiante. Unha planta na que se trataría e valorizarían as escouras e cinzas procedentes dos fornos nos que Sogama queima o lixo. Os informes da Xunta eran desfavorábeis.

Veciñanza e [email protected] manteranse vixiantes, afirman,”para que este proxecto non volva a recuperarse por outra vía, e pedirémoslle información tanto ao Consello de Trazo como á Xunta de Galicia para asegurarnos de que está totalmente descartado”, segundo se recolle en Campo Galego

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios