ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015

A candidatura encabezada por Evencio Ferrero aspira á maioría absoluta en Carballo

O BNG presentou as primeiras 12 persoas da candidatura encabezadas polo actual alcalde, Evencio Ferrero.

BNG Carballo
photo_camera [Imaxe BNG Carballo]

O BNG de Carballo presentou o 6 de febreiro as persoas que integrarán o primeiro tramo da candidatura ás eleccións municipais. Nunha asemblea aberta que congregou un cento de veciñ@s a organización frontista deu a coñecer o nome das candidatas e candidatos encabezados por Evencio Ferrero. 

O actual alcalde asegurou que a formación aspira a gañar as eleccións e a facelo con maioría absoluta. Un salto cualitativo que viría dar continuidade ao crecemento do número de apoios conseguidos desde as eleccións de 2003 nas que o Bloque obtivo o goberno con 6 edís e que se transformaron nos comicios de 2011 nos actuais 10. 

As persoas que integran o primeiro tramo da candidatura son:

  • Evencio Ferrero Rodríguez. Alcalde de Carballo.
  • Belén Lendoiro Esmorís. Licenciada en Filosofía. Profesora do IES Parga Pondal e Concelleira de Facenda, Patrimonio, Festas e Participación Veciñal.
  • Xosé Regueira Varela. Deputado Provincial e portavoz dos grupos provincial e municipal do BNG. Concelleiro de Promoción Económica, Xestión Municipal e Normalización Lingüística.
  • Milagres Lantes Seara. Concelleira delegada de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Contratación, Feiras e Mercados.
  • Luis María Lamas Álvarez. Concelleiro de Obras, Servizos e Medio Rural.
  • María Carmen Ures García. Licenciada en Ciencias Políticas. Forma parte do Consello Local do BNG sendo responsable de políticas da muller.
  • Miguel Vales Mallo. Enxeñeiro agrónomo. Veciño de Carballo.
  • Mª Mar Eirís Villar. Ensinante con destino no IES Parga Pondal. Concelleira de Educación e Cultura.
  • Marcos Trigo Facal. Licenciado en Educación Física. Concelleiro de Formación e Emprego, Deportes e Medio Ambiente.
  • Mª Carmen Regueira Baldomir. Licenciada en Educación Física e Mestra. Actualmente é concelleira delegada de Terceira Idade e Sanidade.
  • Inés Rodríguez Muiño. Empresaria. Concelleira delegada de Igualdade e Benestar.
  • Daniel Pérez López. Avogado. Concelleiro delegado de Xuventude e Novas tecnoloxías.
     

Comentarios