O Instituto Camões de Vigo inaugura unha exposición sobre a historia do fado

Hoxe, ás oito e media da tarde, abriranse as portas da exposición «História do Fado–Património da Humanidade» no Centro Cultural do Instituto Camões

A inauguración coincide co día de Santo António, unha das festas populares con máis arraigo en Portugal. O acto de apertura contará cun concerto do fadisto Gonçalo Cordeiro, que será acompañado pola guitarra portuguesa de Pedro Marques e a clásica de Bruno Costa.


A exposición está producida pola EGEAC, o Museu do Fado e o Instituto Camões. A exposición estará aberta até o 23 de xuño, de segunda a sábado, entre as 17.30 e as 20.00 horas. O filme Fados, de Carlos Saura (2007), será exhibido a diario

Máis en Artes Escénicas
Comentarios