Éxito de público e crítica nunha 26 edición do Festival de Teatro do Carballiño con Vidal Bolaño na memoria

A cita pon o ramo cun amplo apoio do público (42% máis que en 2014) e coa entrega a Isabel Risco do premio á mellor actriz, a Celso Fernández de mellor actor, a 'O Furancho' o mellor espectáculo e a Roberto Vidal Bolaño como premio de honra.

roda de prensa de hoxe fetega 2

A 26º edición do Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño pon testa sexta feria o ramo. Despois de catro intensos días con programación en horario de mañá, tarde e noite para público infantil, familiar e adulto, a cita co teatro galego no Carballiño despídese cunha gran gala que terá lugar a partir das 22,30 horas este venres no Auditorio Municipal.

Ao longo desta semana, ao redor de 2.800 persoas asistiron aos obradoiros e espectáculos programados na rúa para público infantil e familiar na Praza do Concello e no Anfiteatro da Veracruz; e unhas 1.400 persoas acudiron ás funcións nocturnas no Auditorio. En total, Fetega 2015 contou con 4.200 espectadores, o que implica un incremento significativo, sobre todo nos espectáculos do Auditorio para público adulto, por onde pasaron grandes nomes da escena galega como Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín, Ibuprofeno Teatro ou Compañía Floristería e Artesa Compañía. E é que o número de entradas vendidas nesta edición foi un 42% superior ao do ano pasado.

Na gala nocturna de peche desta edición nserá conducida por Quico Cadaval e na que ademais Mofa e Befa representarán o seu “Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro’, protagonizado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, cun ritmo vertixinoso no que non faltarán os textos clásicos, o humor e o teatro en verso, nunha peza fiada por uns particulares segadores que van a Castela. Na Gala entregaranse ademais os premios do 26º Fetega, que, neste caso, e despois das votacións do público e do xurado profesional formado por Roi Vidal, Juan Carlos Corredoira e José Leis Martínez, recaen nos seguintes:

Mellor Actriz (elixida polo xurado): Isabel Risco

Mellor Actor (elixida polo xurado): Celso Fernández Sanmartín

Mellor Espectáculo (elixido polas votacións do público cada día): “O furancho” de Ibuprofeno Teatro

Premio de Honra (elixido pola organización de Fetega): Roberto Vidal Bolaño.

O festival ten un custe de 18.000 euros e deixa na vila, calcula a organización, por volta de 50.000 euros

Máis en Artes Escénicas
Comentarios