Artes Escénicas

Voaxa e Carmín, primeiro proxecto da MIT Ribadavia 2016

A MOSTRA TERá LUGAR DO 15 AO 24 DE XULLO

Voaxa e Carmín, primeiro proxecto da MIT Ribadavia 2016

A 32 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia terá lugar entre o 15 e o 24 de xullo. O primeiro proxecto para a edición de 2016 será Voaxa e Carmín, que xa foi presentado.

[Imaxe: estherika.wix.com] Esther Carrodeguas
photo_camera [Imaxe: estherika.wix.com] Esther Carrodeguas

Voaxa e Carmín é primeiro proxecto que acollerá a 32ª edición da MIT Ribadavia. Trátase dun proxecto de Eme2 e ButacaZero da que é autora Esther Carrodeguas, X Premio Abrente de textos teatrais. Apoiada por un kamishibai xaponés do que partirá o deseño escenográfico do espectáculo, a dramaturga de Rianxo vén de exponer en Compostela as liñas xerais da obra, cuxas personaxes Maruxa e Coralia serán interpretadas polas actrices Mabel Rivera (Premio Goya 2005) e Belén Constenla (Premio María Casares 1998, 2000 e 2010).

A organización da MIT Ribadavia explica que Voaxa e Carmín nace “para dar voz ás estatuas silenciadas” da Alameda compostelá. Poderá verse na 32ªMIT para após percorrer toda Galiza. O texto lerase en xaneiro, na colección Abrente de Teatro da editorial Difusora.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Artes Escénicas
comentarios