Artes Escénicas

O memorial de teatro Ibán Toxeiro homenaxea a Galiza emigrante e as persoas refuxiadas

ESTA QUINTA FEIRA, áS 20.30H, NO TEATRO ROSALíA (A CORUñA)

O memorial de teatro Ibán Toxeiro homenaxea a Galiza emigrante e as persoas refuxiadas

O Teatro Rosalía de Castro, da Coruña, acolle esta quinta feira (5 de novembro), ás 20.30h, o XIX Memorial Ibán Toxeiro, organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. O acto, aberto ao público, lembrará o drama da Galiza emigrante e a situación actual das persoas refuxiadas.

teatro Rosalía
photo_camera Teatro Rosalía

Máis un ano, a AC Alexandre Bóveda celebra o Memorial Ibán Toxeiro, que nesta XIX edición regresa ao Teatro Rosalía de Castro. O acto, que terá lugar esta quinta feira, 5 de novembro, ás 20.30h e con acceso gratuíto ao público, renderá unha homenaxe a todas as persoas refuxiadas que tratan de buscar unha vida mellor. 

Na gala, dirixida por Lino Braxe e presentada por Isabel  Blanco, participarán o grupo de teatro da AC Alexandre Bóveda, que representará Xan, o bo conspirador, de Álvaro Cunqueiro; o grupo de teatro “Valacar” da ONCE, coas pezas O pai de Migueliño, de Castelao, e con Encontro piadoso, de A. Gelpí; SEREaRTE, con A filla de Corto Maltés, de A. Gelpí e Teatro Proscrito, coas pezas Cartas a un amigo alemán, de A. Camús, e Aixa e Leila, de Lino Braxe.

O sirio Hames Bitar porá a nota musical da gala, na que tamén terá lugar a entrega do Premio Ibán Toxeiro pola súa achega ao teatro a Xosé Manuel Rabón.
 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Artes Escénicas
comentarios