Virxinia Pereira

O escritor Xosé Ricardo Losada é mestre de Filosofía e autor de varias biografías históricas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xosé Ricardo Losada: "Interésanme os personaxes con luces e sombras, permiten ver como somos os seres humanos"

Xosé Ricardo Losada (Rianxo, O Barbanza, 1961) vén de ser galardoado no XXII Certame Avilés de Taramancos pola súa obra 'Un inferno frío', unha homenaxe a modo de novela de detectives ás figuras de Castelao, Virxinia Pereira e Faustino Rey.
Montse Fajardo. (Foto: Distrito Xermar)
star
Entrevistas

Montse Fajardo: "Mentres Castelao se dedicaba á loita pola patria, Virxinia Pereira ocupábase de todo o demais".

Virxinia Pereira foi moito máis que a coidadora imprescindíbel dun Castelao con moitos problemas de saúde. Secretaria, xestora, conseguidora de recursos… Sen ela, Castelao non podería ter feito o que fixo. Pero é que ademais ela tiña o seu propio compromiso galeguista, republicano e antifascista. Por iso participou en vida del en actos públicos, ás veces falando no seu nome, e despois da súa morte foi a continuadora do facho do pensamento de Castelao, que tamén era o dela. Falamos coa súa biógrafa, Montse Fajardo, autora de A vida incerta (Edicións do Cumio). 
Adianto do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Montse Fajardo, biógrafa de Virxinia Pereira, protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, falamos da desaparición de 'Teima' hai 45 anos.
Retrato realizado a Virxinia durante a estadía en Francia. (Foto: Fondo Otero Pedrayo da Fundación Penzol)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Virxinia Pereira

O golpe do 36 sorprendeu a estradense en Madrid e empurrouna a un periplo mundial en defensa dos dereitos da Galiza do Estatuto, nunha loita compartida con Castelao, si, pero na que ela tamén cría. Mentres el viviu, ocupouse da intendencia e fíxolle de lazarilla nas crises de cegueira. Tras a súa morte, foi a garante do seu legado artístico e sobre todo do político, a fin de deixar claro que a súa ideoloxía era inequívoca, imposíbel de moldear para que calquera opción poida vindicarse, aínda hoxe, como herdeira. Virxinia Pereira é moito máis que a abnegada enfermeira e esposa de Castelao que pasou —e pouco— á historia. É unha comprometida loitadora antifranquista e polos dereitos da Galiza.
A nova placa, adicada a Virxinia Pereiro, nun acto decorrido no mes de abril. (Foto: Concello de Pontevedra)
SOCIAL

Retiran o recurso para o cambio de nome da avenida Juan Carlos I, en Pontevedra

A rúa pasará a chamarse avenida de Virxinia Pereira, na honra da galeguista, de forma definitiva. A mudanza tivo lugar o pasado abril pero un veciño presentara un recurso en contra.
Substitución da placa dedicada ao rei emérito pola de Virxinia Pereira. (Foto: Concello de Pontevedra)
MEMORIA E HISTORIA

Pontevedra convértese nunha das primeiras cidades en retirar recoñecementos ao rei emérito

O Concello completou hoxe a iniciativa para retirar a rúa dedicada a Xoán Carlos I. Un operario descolgou a placa co nome do monarca e deu por rebautizada a avenida como rúa Virxinia Pereira Renda. No acto de homenaxe á galeguista estivo unha representación do Goberno municipal, así como algunhas cidadás.

Castelao

O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
SOCIAL

Pontevedra quitará Juan Carlos I do seu rueiro e engadirá Virxinia Pereira

O Goberno municipal de Pontevedra vén de iniciar os trámites para lle retirar o nome do rei emérito español, Juan Carlos de Borbón, do seu rueiro. Tamén lle retirará todas as distincións. Mudará o nome desa rúa pola de Virxinia Pereira, garante do legado artístico e político de Castelao.

Virxinia Pereira

Virxinia Pereira (CCG).
CULTURA

Montse Fajardo presenta 'A vida incerta' de Virxinia Pereira

Vagalumes acolle a presentación da obra sobre Virxinia Pereira na estrada após a súa estrea en Pontevedra.
Virxinia Pereira (CCG).
Patrimonio

As cartas de Virxinia Pereira e Paz Andrade dispoñíbeis na rede

O Consello da Cultura Galega fai pública unha escolma epistolar que mostra o compromiso político da viúva de Castelao

Ensaladilla republicana

7.- Xantar con Martínez Risco-Fondo familia Martinez-Risco (3)
Sae á luz o libro que recolle a súa vida

Todo o que o franquismo lle roubou a Virxinia Pereira

A extensa biografía de Virxinia Pereira que o Concello de Pontevedra publicará este mes baixo o título A vida incerta bota luz sobre as vicisitudes que tivo que pasar a viúva tras a morte de Castelao para manter un legado afectado polo franquismo.

virxinia pedreira
MEMORIA E HISTORIA

Virxinia Pereira, máis que a viúva de Castelao

A Estrada e Pontevedra únense para homenaxear a figura de Virxinia Pereira co gallo do 50 aniversario do seu pasamento, nunha serie de actos que comezan o 20 de decembro e estenderanse durante 2020.
 
xunta benito cordal pontevedra
MEMORIA E HISTORIA

O PP rexeita denominar Virxinia Pereira ao rehabilitado edificio multiusos da Xunta en Pontevedra

O BNG propuxera que o inmoble da rúa Benito Corbal e que acolle as oficinas de emprego, dunha trintana de colectivos e asociacións e as instalacións da Universidade de Vigo, levase o nome desta estradense que viviu 20 anos na cidade pontevedresa e sufriu persecución e exilio canda o seu compañeiro, Castelao.