universidade privada

Un dos campus que conforman a universidade de Abanca. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A universidade de Abanca entra, canda as públicas, na Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego

"É unha nova porta aberta á privatización", lamenta a CIG, que lembra que o centro privado ten "titulacións concordantes" coas da pública, cuestión que vulnera a lexislación vixente.
Acto de benvida ao novo curso académico, nunha das sedes da USC en Compostela. (Foto: David Cabezón / Xunta)
SOCIAL

Os reitores exixen revisar o financiamento no inicio dun curso marcado pola irrupción da universidade privada

Antonio López (USC) pide "garantir que a cidadanía poida alcanzar a formación e os resultados acordes coas súas capacidades, con independencia de cal sexa a súa condición social, económica ou familiar".
Un dos campus que conforman a universidade de Abanca. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Así será a universidade privada de Abanca: titulacións repetidas e exclusión do galego

O DOG publica as normas de organización e funcionamento da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), autorizada ás agachadas pola Xunta e que prevé iniciar as aulas o vindeiro 1 de setembro.
A Universidade Intercontinental da Empresa ofertará titulacións xa presentes no sistema público. (Foto: Afundación)
SOCIAL

A Xunta autoriza, ás agachadas, a Universidade privada de Abanca, que contradí a lexislación galega

A Xunta da Galiza elixiu esta cuarta feira, en pleno paro estival, para facer pública a autorización da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), un proxecto promovido por Abanca do que o Goberno non informou cando efectuou a autorización —no Consello da Xunta do pasado 27 de xullo— e que incumpre a Lei de universidades no que atinxe ás titulacións e o uso da lingua galega como vehicular.
O reitor da Universidade Intercontinental de Abanca, Miguel Ángel Escotet (Foto: Europa Press)
LINGUA

Abanca exclúe o galego como lingua vehicular da súa universidade privada

Descoñécense as prazas ofertadas pola Universidade de Abanca e o custo da matrícula.
 
Exame da ABAU na Facultade de Psicoloxía de Santiago (Foto: Arxina).
star
Reportaxes

Feixoo abre a veda para a privatización da universidade galega

Suso Bermello, da Plataforma en Defensa do Ensino Público, céntrase no exemplo do ensino universitario e da aparición da Lei de recoñecemento da universidade privada como prototipo da rede público-privada que ameaza servizos básicos como a educación.
Mobilización contra o proxecto de Abanca en maio de 2021. (Foto: Arxina) #abanca #universidade #universidadeprivada #cig #privatización #ieside #universidadeintercontinentaldaempresa
SOCIAL

A universidade de Abanca logra o último recoñecemento para comezar a funcionar

O DOG publica o visto e prace á institución privada, apoiada só polo PP.
A comunidade educativa mobilizouse este ano contra o proxecto. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A universidade de Abanca supera o seu último trámite

O PP fica só a prol da universidade privada.
Unha protesta anterior contra a universidade privada. (Foto: Europa Press) #universidadeprivada #abanca #universidadepública #banco #protesta #compostela #cig
SOCIAL

A cidadanía retoma a loita contra a creación da Universidade Privada de Abanca

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública non cede na súa presión e convoca unha nova manifestación, que chama a apoiar de forma masiva, para este sábado ás 12 horas en Compostela.
O deputado Manuel Lourenzo nunha imaxe de arquivo. (Foto: BNG) #manuelourenzo #bng #pp #parlamento #galiza
POLÍTICA

O PP rexeita escoitar á opinión dos reitores sobre a universidade privada de Abanca

O BNG pediu a comparecencia destes representantes das universidades galegas no debate sobre o proxecto de lei para a nova institución académica. No entanto, o grupo popular vetou estas voces discordantes, o que para o Bloque é unha mostra de que o partido de Goberno na Xunta e o banco están na mesma liña.
Concentración en Compostela da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública. (Foto: Arxina).
SOCIAL

A universidade, en loita contra o negocio da privatización

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volveu ocupar os sete campus en contra do proxecto privado de Abanca. A lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa foi admitida a trámite no Parlamento cos votos do PP.
Concentración contra universidade privada foto arxina-min
SOCIAL

Mobilizacións nos 7 campus contra a universidade privada: “Sería nefasta”

A Plataforma en defensa da universidade pública incide en que supón un "ataque á igualdade de oportunidades" e que "a educación non debe converterse nunca nun negocio".

protesta universidde publica parlamento foto arxina-min
SOCIAL

A primeira universidade privada da Galiza, co único apoio do PP, ábrese paso no Parlamento

Mentres no Parlamento se debatía o proxecto de lei, ante as portas da Cámara tivo lugar unha concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública.
Concnetración contra a universidade privada foto arxina
SOCIAL

O trámite parlamentar para crear unha universidade privada na Galiza reactiva o movemento na súa contra

Concentración da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública esta terza feira ante o Parlamento e o 2 de xuño en todos os campus galegos.

Reunión de Ana Pontón no Parlamento cos reitores das universidades galegas. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

'A universidade privada é un regalo do PP a Abanca', di o BNG

A líder da oposición no Parlamento, Ana Pontón, reuníuse hoxe cos reitores das universidades públicas galegas para falar do proxecto de Abanca impulsado polo PP para que vexa a luz a primeira universidade privada na Galiza.
Xunta de portavoces, reunida na Cámara galega (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O PP anuncia unha petición no Parlamento para que o Estado mude a lei española de saúde

O PP quere aprobar no Parlamento unha proposición para instar o Goberno español a adecuar a Lei estatal de saúde á xestión de pandemias. Mentres, o Hórreo xa acordou iniciar a defensa xurídica da Lei de saúde galega, recorrida ante o Tribunal Constitucional no seu artigo 38.2. Pola contra, a lei que permitirá crear unha universidade privada a Abanca non irá ao próximo pleno por un "erro" nos cálculos do PP.

O Parlamento aproba reclamar as transferencias á Galiza en materia de tráfico, circulación e seguranza (Foto: Arxina)
POLÍTICA

PPdeG fixa para o próximo pleno o inicio do trámite da lei de universidade privada, que ve "unha boa noticia"

BNG e PSdeG xa anunciaron o seu rexeitamento e a súa intención de rexistrar emendas de devolución.

José Varela, presidente de Cesuga, e o seu director xeral, Venancio Salcines, presentaron na Xunta o 12 de abril o proxecto universitario.
SOCIAL

Cesuga rexistra o proxecto para crear a segunda universidade privada na Galiza

Cesuga segue a estela de Abanca e rexistra o proxecto para crear a segunda universidade privada na Galiza.

Estudantes nunha aula da Universidade de Santiago. (Foto: USC)
SOCIAL

A lei para crear a universidade privada na Galiza chega ao Parlamento

O BNG exixe a retirada do proxecto de lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa, que está impulsada por Abanca, e que pretender ser a primeira universidade privada na Galiza. O deputado Manuel Lourenzo advirte que o PP pon a universidade galega ao servizo dos “grandes fondos voitre” con este proxecto lexislativo

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro (Imaxe: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A Xunta defende "o dereito constitucional" da universidade privada de Abanca

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, apuntou que o anteproxecto de lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada na Galiza, impulsada por Afundación, está "preparado" para a súa tramitación no Parlamento.