SOCIAL
Xacobe Ferreiro
14/feb./23 8:01
SOS Sanidade Pública xa prepara novas mobilizacións após a maciza manifestación en defensa da Atención Primaria desenvolta o domingo en Santiago de Compostela. A marcha, a máis numerosa realizada na Galiza após a organizada pola plataforma Nunca Máis o 2 de decembro de 2002, viña precedida de numerosas protestas no ámbito local que as autoridades galegas non atenderon e evidenciou o malestar social polo funcionamento do sistema sanitario galego.