O PSdeG di que a manifestación do domingo é "o 'Prestige' de Rueda"

Luís Álvarez reclama "mudanzas" na política sanitaria.
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)

"É o Prestige do señor Rueda", coa "diferenza" de que nesta ocasión, o da sanidade, é "unha catástrofe provocada polas políticas do Partido Popular". Así se referiu esta segunda feira o portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Luís Álvarez, á manifestación pola sanidade pública deste domingo en Santiago
A protesta reuniu  "miles de persoas" cun "clamor social resumido no que pensa o mundo sanitario e tamén a sociedade civil", dixo Álvarez.

"A sociedade galega explicou doutra maneira a necesidade de cambiar esas políticas", advertiu o portavoz do PSdeG na Cámara galega. Álvarez considera que os galegos e galegas "dixeron basta a que, mentres outras comunidades melloran, a Galiza empeora" en materia de sanidade.

"Non foi unha manifestación política"

Álvarez insistiu en que "non foi unha manifestación política" e sinalou que precisamente "un dos maiores contribuíntes a que fose un éxito" foi que nas últimas semanas os dirixentes da Xunta da Galiza tratasen de "descualificar os convocantes" da mobilización.

Comentarios