SOS Sanidade mobilizarase para exixir a aprobación da ILP pola Primaria

SOS Sanidade Pública xa prepara novas mobilizacións após a maciza manifestación en defensa da Atención Primaria  desenvolta o domingo en Santiago de Compostela. A marcha, a máis numerosa realizada na Galiza após a organizada pola plataforma Nunca Máis o 2 de decembro de 2002, viña precedida de numerosas protestas no ámbito local que as autoridades galegas non atenderon e evidenciou o malestar social polo funcionamento do sistema sanitario galego.
12-F: Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela. (Foto: Arxina).
photo_camera 12-F: Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela. (Foto: Arxina)
Comentarios