Ribadeo

Explotación de horta no concello de Cartelle (Nós Diario)
SOCIAL

Concello de Ribadeo e produtoras locais tecen unha rede de distribución

Os mecados tradicionais de produción local foron suspendidos por decisión da Xunta da Galiza até, como mínimo, o 31 de marzo. En tanto, estanse a artellar iniciativas para que os produtos das labregas cheguen aos fogares, entre elas esta do municipio da Mariña.
Eu quero ser coma
SOCIAL

Ribadeo visibiliza a memoria das mulleres "porta a porta"

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo impulsa, en colaboración coa comunidade escolar, o proxecto 'Eu Quero Ser Coma', que promove a igualdade nas aulas desde a infancia e visibiliza as mulleres e os seus logros ao longo da historia. 
Xornada de igualdade no CIFP Porta da Auga

A "porta lila" ábrese á comunidade escolar en Ribadeo

A "porta lila" é o nome polo que se coñece no centro integrado de FP Porta da Auga de Ribadeo a súa comisión de igualdade. A súa equipa está detrás das Xorndas pola Igualdade que durante todo o día de hoxe se desenvolverán no auditorio municipal da localidade
Xoan Araguren Ponte.
MEMORIA E HISTORIA

Aranguren Ponte, o garda civil que martirizou Ribadeo

Mentres o pai, o xeneral Xoán Aranguren Roldán, mantivo a fidelidade até o final ao Goberno lexítimo para rematar fusilado na cidade de Barcelona tras a entrada das tropas fascistas, o fillo, o tenente Xoán Aranguren Ponte, atemorizaba a retagarda franquista perseguindo demócratas e mallando nas xentes de ben. Recuperamos a traxectoria de Aranguren Ponte, responsábel do operativo do terror franquista en Ribadeo e nos seus concellos limítrofes.

Carpa Igualdade Ribadeo
As xornadas terán lugar os días 10 e 11 no teatro da localidade

Ribadeo aborda a conexión entre vulnerabilidade e violencia de xénero

Estrada N-642 Ribadro [Imaxe: Google Maps]
SOCIAL

A estrada máis perigosa do Estado, en Ribadeo

En Galiza 15% da rede viaria ten un risco elevado ou moi elevado de sinistros.

Illa-Pedra
CULTURA

Ribadeo convértese na capital da curtametraxe galega

O ciclo de cinema itinerante Ficciónate chega á Mariña este sábado, 13 de xaneiro. A proxección será no Teatro de Ribadeo ás 20:00 horas e estará seguida dun coloquio en que participarán os distintos creadores das curtametraxes expostas.

centro de saúde
Análise

A atención ás violencias machistas desde o local

Dolores G. Docobo, enfermeira no centro de saúde de Ribadeo, e Luísa Couceiro, directora e asesora xurídica do CIM de Ribadeo, ofrecen para Sermos Galiza unha radiografía do combate contra a violencia machista desde o ámbito local.

Hécto-Acebo
Quinta feira, ás 19h

O galego do exterior, protagonista dun recital en Ribadeo

Quique dos Roxíos, Héctor Acebo, Viqui Veiguela, Crisanto Veiguela Martins, Aurora García Rivas, Moisés Cima ou Xavier Frías Conde serán recitados esta quinta feira, día 24, en Ribadeo. E é que a Agrupación Cultural Francisco Lanza convoca un recital con poemas de autoras e autores pertencentes ao chamado “galego exterior”.

O grupo sevillano Bittersweet
CULTURA

Ribadeo, “meca espiritual” do grupo andaluz Bittersweet

A banda andaluza bautiza co nome da vila mariñá o seu segundo álbum.

Azou
CULTURA

Azou, novos azos na defensa da lingua e a cultura en Ribadeo

Azou é unha expresión propia de Ribadeo. “Tes o azou” significa ter nervio, inquietude. Inquietude pola lingua e a cultura é o que une a esta nova asociación que bota a andar un 6 de decembro, data que só celebra co seu manifesto “Defender a Alegría”. 

SOCIAL

En Ribadeo, esta sexta feira, a defender a alegría

A Casa das Letras da vila mariña acolle a presentación pública de Azou, unha asociación contra a ''Europa branca do capital'' e por unha República galega a navegar por un mundo de cores. 

farmacia
POLÍTICA

Monforte e Ribadeo súmanse a Riotorto e asumirán o copagamento farmacéutico para a súa veciñanza

Os alcaldes de Monforte e Ribadeo, Severino Rodríguez e Fernando Suárez (BNG), anunciaron que nos orzamentos para 2014 haberá unha partida para dar “total cobertura” a doentes de Monforte que teñan que facer fronte a ese gasto. Tamén desde Pedrafita (PSdeG) sinalan que van dar este paso.

MEMORIA E HISTORIA

Centos homenaxean en Ribadeo @s represaliad@s polo franquismo

Nun Cantón dos Morenos ateigado por volta de 400 persoas o BNG da Mariña lembrou e homenaxeou ás 152 persoas represaliadas polo franquismo após o golpe de estado de 1936. "É hora de mudar a historia" afirmou o responsábel local da organización frontista, Marcos Loureiro

José Antonio Díaz Alvarez con dous amigos
MEMORIA E HISTORIA

Ribadeo homenaxeará o domingo 18 ás vítimas do franquismo

Os nomes de Navarret, Margolles, Fariñas, García, os Torviso  ou “O Barquillero” ou Rosalía Alonso están entre os máis de 23 asasinados. José Fernández rematou en campos de concentración e outros como López Durá ou Pérez Prieto tiveron que se exiliar.O BNG homenaxea o domingo día 18 aos máis de 152  veciños e veciñas de Ribadeo que sofriron represión despois de 1936

Cartaz das xornadas
SOCIAL

Ribadeo acolle unhas xornadas sobre os poderes estruturais que sustentan a violencia machista

A vila mariñá acollerá o 19 e 20 de abril a VI Xornada formativa de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local que nesta edición se centrará en "Os poderes que sustentan a violencia machista". A inscrición é gratuíta e xa está aberta 

Ribadeo banco ortopédico
Galiza

Ribadeo conta cun “banco bo” de material ortopédico

Andadores plegábeis, varandas, asentos de bañeira, colchóns antiescaras, máquinas con motor ou grúas. Son algúns dos activos do banco de material ortoprotésico que poñen á disposición da veciñanza a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo.
CULTURA

Ribadeo con mirada “zen”


A cada pouco, Mariola López fotografaba a ría do seu Ribadeo natal no que se instalara por tres meses ao nacer a súa filla. Despois de vinte anos vivindo en Ámsterdam regrea as súas orixes e publica con esas imaxes “Ribadeo ao Norte”, un libro que s epresenta o día 22 na Fábrica das Algas de Vilavella, un espazo recuperado para a cultura.
Maria Xosé Silvar “Sés”
Letras e Ideas

“Son de mulleres”, unha xornada en Ribadeo para visibilizar o papel da muller na música

Relatorios, concertos, obradoiros e un audiovisual explicarán o papel da muller na música que se celebrará na Casa do Mar de Ribadeo o día 13 de xullo.
Xavier Rodríguez Baixeras plantando a palmeiar en Ribadeo
Letras e Ideas

Baixeras plantou a súa palmeira en Ribadeo

O escritor recibiu unha emotiva homenaxe na súa terra. Xunto aos discursos o escritor plantou unha palmeira, a súa árbore preferida.