A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxea Xavier R. Baixeras en Ribadeo

Unha xornada de actividades en Ribadeo centrará a XVIII edición de 'O/A Escritor/a na súa Terra' o sábado 2 de xuño.
Xavier Rodríguez Baixeras II

A Homenaxe que cada ano impulsa a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co nome de “O/A Escritor/a na súa Terra” chega neste 2012 á XVIII Edición. Por decisión da Asemblea de Socias e Socios, a figura escollida desta vez foi Xavier Rodríguez Baixeras. Os actos serán na vila de Ribadeo e comezarán ás 11:30 horas no Parque “Os Canapés” (O Xardín) coa plantación dunha palmeira (árbore simbólica do escritor) e a intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG, Mari Luz Álvarez Lastra, Concelleira de Cultura, Educación e Igualdade de Ribadeo, e Xavier Rodríguez Baixeras. Despois terá lugar unha recepción no concello para rematar a xornada cun xantar nun restaurante da vila.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios