Riotorto insta a Feijoo a non aplicar o copagamento e reafirma que pagará os fármacos a doentes crónicos

O alcalde, o nacionalista, Federico Gutiérrez, considera inhumano que o PP penalice a aquelas persoas que están enfermas de cancro e afirma: “o Concello cubrira a totalidade dos veciños independentemente da renda posto que a sanidade é universal”.

Federico Estoa
photo_camera Federico Estoa

O Alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa (BNG), anunciou que o pleno deste concello lucense acordou instar ao presidente da Xunta a que paralice a entrada en vigor do repagamento farmacéutico para tratamentos de dispensación hospitalaria. Asemade, e na mesma liña, acordouse demandar do Goberno do Estado español a derrogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatoriedade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución. 

“Agardamos que a presión social obrigue o PP a dar marcha atrás” afirmou Estoa, posto que “a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas". Nesta liña, o rexedor nacionalista non dubida en sinalar que "estamos diante dun goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos".

O alcalde de Riotorto reafirma que os veciños deste concello non terán que pagar as medicacións dalgunhas doenzas como o cancro de mama ou de ril, os tumores cerebrais ou a leucemia. "Cubriremos a totalidade dos veciños independentemente da renda posto que a sanidade é universal”, indica.

Máis en POLÍTICA
Comentarios